Novas

IV Ruta Pincho Folk

Un total de 26 establecementos van participar na ruta, repartidos en duas rutas: venres e sábados. Nos locais serviranse pinchos ao prezo de 1,5 € en horario de 20:00 a 23:59. Queda aberta a participación a todos aqueles gaiteiros, pandeireteiras ou músicos en xeral que desexen asistir e pasar unas boas noites de foliada acompañados coa mellor gastronomía.

Salceda ultima a posta a punto dos colexios

Durante todo o ano o Concello de Salceda mantén unha comunicación fluída cos equipos directivos dos centros de ensino, o que permite ao Grupo de Goberno coñecer de primeira man as necesidades que neles se presentan, realizándose a maioría das actuacións durante o verán.

Sae a concurso o servizo de cafetería do Centro Social da Devesa

A xestión da cafetería adxudicarase por un periodo de seis anos. Tras a aprobación dos pregos, haberá que esperar ata a súa publicación no BOP, e será entón cando se abra o prazo de vinte días para que os e as interesados/as poidan presentar as súas ofertas.