Novas

Aberta a licitación dos postos da Praza de Abastos

As bases contemplan a concesión de 14 postos de venta, un bar e 24 bancadas para a venta de peixe fresco. Nos catorce postos de venta poderanse optar a espazos destinados a carnicería (4), peixería (2), delicatessen, quiosco, chacinería, aves e ovos, florería, panadería, froitería e venta de bacallau.

O Concello de Salceda mellora o seu Pavillón Deportivo

O Concello de Salceda de Caselas está a acometer estes días unha serie de obras de mellora no Pavillón de Deportes de Altamira, enmarcadas en diferentes liñas de axuda da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia. Nun prazo de dous meses, Salceda contará con unhas instalacións deportivas reformadas.

Salceda súmase á compostaxe

O Concello de Salceda de Caselas ven de poñer en funcionamento os Centros de Compostaxe Comunitaria instalados nos Parques Raíña Aragonta e A Gándara, e detrás da Praza de Abastos. A iniciativa enmárcase no Programa “Revitaliza” da Deputación de Pontevedra, na que participan 23 Concellos.

Salceda retoma a “Escola de Maiores”

As Concellarías de Benestar Social e Formación do Concello de Salceda de Caselas, dirixidas por Tere Pérez e Loli Castiñeira respectivamente, veñen de presentar a que será a segunda edición “Escola de Maiores” que se levará a cabo no Concello de Salceda subvencionada pola Obra Social de La Caixa.