Mellora da seguridade vial na zona da Lagoela
O Concello de Salceda de Caselas, ao traverso das Concellarías de Tráfico e Vías e Obras que dirixen Jose Luis González e Miguel González, segue a realizar melloras nos accesos e saídas ao casco urbano, que garantan unha maior seguridade para os vehículos pero fundamentalmente para os peóns.