Os máis pequenos coñecen o traballo da Policía Local

Un cento de nenos e nenas de 1º do CEP Altamira visitaron hoxe as instalacións da Policía Local do Concello de Salceda. Durante a visita os pequenos puideron coñecer un pouco mellor o funcionamento do Corpo de Seguridade máis cercano, así como as tarefas que desempeñan. Os nenos e nenas non deixaron de facerlles innumerables preguntas aos axentes que os recibiron, así como de contar anécdotas do seu coñecemento das diferentes forzas de seguridade. Así mesmo, disfrutaron co coñecemento do vehículo policial, fundamentalmente cando os axentes lles amosaron as diferentes sirenas e luces de emerxencia coas que conta.

Esta visita vense realizando anualmente a petición do CEP Altamira, dentro dun proxecto que busca achegar aos máis pequenos aos espazos e servizos cos que teñen que convivir a diario, e que en moitas ocasións lles resultan totalmente descoñecidos. Dentro desta mesma iniciativa, os cativos visitaron tamén a oficina de Correos, e proximamente achegaranse a coñecer as instalación e o traballo que se leva a cabo no CDL do Torrón.

Teresa Pérez, Concelleira de Ensino: “valoramos moi positivamente este tipo de iniciativas. Parécenos  fundamental que os pequenos coñezan o seu entorno máis cercano e o funcionamento dos estamentos que os rodean. Vaia a miña noraboa ao CEP Altamira por este proxecto de tanta importancia para os nosos nenos e nenas”.

 

Gabinete de prensa, 24 de novembro de 2015