O Concello de Salceda de Caselas únese para protestar contra a Violencia de Xénero

O Concello de Salceda escenificou a sua repulsa contra a Violencia de Xénero con unha concentración silenciosa que se levou a cabo na entrada da Casa do Concello, hoxe mércores 25 de Novembro, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Na concentración estiveron presentes, ademáis do Alcalde, representantes dos tres grupos políticos que conforman a Corporación Municipal (Movemento Salceda, PP e PSOE), empregados e empregadas municipais, así como público en xeral que quixo unirse á mesma.

Con esta concentración púxose fin aos actos conmemorativos do 25N, que comezaran onte coa posta en escea da obra “Pementeiras, unha historia do empoderamento femenino”, da man de Xoré Teatro, e que non deixou indiferente aos asistentes á mesma pola súa mensaxe directa en defensa do papel das mulleres na sociedade.

Teresa Pérez, Concelleira de Igualdade: “Por desgraza a celebración desta data segue máis vixente que nunca, e Galiza está a sufrir especialmente as consecuencias desta lacra nos últimos tempos. Temos que seguir sumando esforzos na loita contra a Violencia de Xénero, e actos simbólicos como o de hoxe visualizan a preocupación da sociedade por un tema tan grave”.