Dúas semanas de actividades culminarán coa actuación de SÉS o 17 de xullo
A Concellería de Cultura e Festexos, dirixida por Alex Rodríguez ven de presentar esta mañá, acompañado pola alcaldesa Verónica Tourón a programación do Verán Cultural e as Festas do Cristo, nun ano no que se recupera certa normalidade nas actividades logo doa anos marcados pola Covid19.
A programación, que se estenderá dende o venres 1 ata o luns 18, está deseñada pensando en que todas as persoas poidan participar e gozar delas. Así, haberá actividades para todos os públicos, xa sexan infantil ou adulto, así como para a nosa mocidade.
O Concelleiro de Cultura, Alex Rodríguez resaltou a aposta que o Concello de Salceda leva feito na cultura dende o inicio da pandemia, non deixando de programar e apostando por manter as grandes citas culturais adaptadas á normativa. Quixo facer fincapé tamén no retorno de grandes citas, e da volta das asociacións á programación como no XXIX Festival de Bandas de Música en colaboración coa Banda Cultural de Salceda, no Vaia Cristo, coorganizado pola ACDE Treze Catorze ou na volta das actuacións dos grupos de Playbacks de Soutelo e de Parderrubias.
Voltan tamén as verbenas, que contarán con tres días nos que as protagonistas serán o Grupo América, a Orquestra Solara e o Combo Dominicano, que porá o broche de ouro ás Festas do Cristo o luns 18 de xullo, sen esquecernos da actuación da artista galega SÉS, sen dúbida o prato forte da programación, e pertencente ao programa Musigal da Deputación de Pontevedra.
Por outra banda o Concelleiro destacou os actos que serven para homenaxear a diferentes persoas e colectivos de Salceda, como o estourazo ou o Acto Cívico dos/das Salcedenses Distinguidos/as, que se celebran o sábado e domingo das Festas do Cristo, e que estarán precedidos polo tradicional desfile da Agrupación Gaiteira de Salceda polas rúas da Esfarrapada, a partir das 20.00 no sábado do Cristo.
Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura: “Dende a Concellería de Cultura voltamos a ter unhas festas coa normalidade previa á COVID19, na que recuperamos os grandes eventos e na que as asociacións do noso concello voltan ser protagonistas. Para iso é imprescindible a colaboración de toda a veciñanza, do voluntariado e dos técnicos e empregados municipais, para que as actividades sexan todo un éxito.”
Verónica Tourón, Alcaldesa de Salceda “Quero convidar a toda cidadanía de Salceda e a todas aquelas persoas que queiran achegarse ata a nosa vila a que gocen coas nosas festas para todos os públicos nun ambiente de total normalidade.”
PROGRAMACIÓN VERÁN CULTURAL 22
Venres 1
- 30 Festival Bandas Infantís e Xuvenís. CEP Altamira
- Escola de Música de Barro.
- Escola de Música de Xinzo.
- Escola de Música de Salceda de Caselas.
Sabado 2
- 30 XXIX Festival de Bandas de Música de Salceda. CEP Altamira
- Banda de Música de Salvaterra de Miño
- Banda de Música de Alcalá de Guadaira (Sevilla)
- Banda de Música Cultural de Salceda de Caselas
Martes 5
- 30 Cine na Rúa. Live is Life. Praza do Concello
Mércores 6
- 30 Animar-T. De cando un paxariño me espertaba todas as mañás no confinamento. Praza do Concello.
Xoves 7
- 30 Concerto Banda Bacana. Praza do Concello
Venres 8
- 30 Concerto Jinetes del Trópico. Praza do Concello
Sábado 9
- 00 Día da Infancia. Inchables de auga, Pista Americana, xogos… Parque da Gándara
- XVIII Rallye Sur do Condado. Consultar programación
Luns 11
- 30 Concerto Grupo Pedracarballa. Praza do Concello
Martes 12
- 30 Grupo de Baile do Centro Cultural do Borralliño, Soutelo. Parque Raíña Aragonta
Mércores 13
- 30 Grupo de Baile Xunco de Parderrubias. Praza do Concello
Xoves 14
- 30 Actuación do Grupo América.
Venres 15
- 46 VI Festival Vaia Cristo. (Coorganiza ACDE Treze Catorze). CS O Matadoiro
- Donicelas
- The Soul Jacket
- Balkumbia
- Dj Enxebre
FESTAS DO CRISTO DAS ANGURIAS
Sábado 16 de xullo
- 00 Desfile da Agrupación Gaiteira de Salceda polas rúas da Esfarrapada.
- 00 XIII Estourazo de inicio das Festas do Cristo dende o balcón da Casa da Cultura.
- 00 Verbena coa Orquestra Solara
Domingo 17 de Xullo
- 30 XI Acto Cívico Salcedenses Distinguidas/os
- 00 Misa solemne cantada polo Coro Polifónica de Entenza.
- 00 Concerto da Banda Cultural de Salceda.
- 00 Actuación de SES.
Luns 18 de xullo
- 30 Verbena con El Combo Dominicano.
OUTRAS ACTIVIDADES
- I Torneo de Pádel Vila de Salceda.
- Do 23 de xuño ao 15 de xullo na zona deportiva de Altamira
- VI Torneo de Fútbol Sala Vila de Salceda
- Do 11 ao 15 de xullo na zona deportiva de Altamira.
- Concerto do Dúo Tugores. Auditorio Municipal
- Venres 22 de xullo
Gabinete de prensa, 28 de xuño de 2022.