APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE REPARCELACIÓN DO POLÍGONO II DO PERI UE02

Expediente núm.: 1217/2022

Proposta de acordo

Procedemento: Actuacións Urbanísticas

Asunto: Aprobación inicial do Proxecto de reparcelación do Polígono II do PERI UE02

ANUNCIO

Faise público que pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria celebrada o 3 de xuño de 2022 aprobouse inicialmente o proxecto de Reparcelación do Polígono II da UE-2 para a distribución dos beneficios e cargas do Planeamento, redactado polo arquitecto Ruben Martín Vázquez Pérez e polo avogado Carlos Abal Lourido, asinado en data 01/06/2022. O sistema de actuación fixado na modificación do PERI para o desenvolvemento do Polígono-II da UE-02 é o Sistema de Cooperación no que os propietarios aportan o solo de cesión obrigatoria e a Administración executa as obras de urbanización con cargo a eles.

De conformidade co artigo 319 do Regulamento da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia aprobado por Decreto 143/2016, de 22 de setembro, sométese a información pública polo prazo DUN MES, a contar desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia e se dará publicidade nun dos xornais de maior difusión da Provincia.

Durante o devandito prazo estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello [http://salcedadecaselas.sedelectronica.gal].

Publicación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra:

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/06/23/2022043087