A Concellaría de Medioambiente dixida por Cándido Lorenzo realiza a análise de 31 das fontes do Concello co obxectivo de coñecer o estado de calidade da auga para as mesmas. O criterio de selección foi determinado principalmente polo uso que os veciños e veciñas fan das mesmas, recollendo a mostraxe das máis utilizadas.
Das 31 fontes 26 son aptas para o consumo, ao non ter presencia de Escherichia coli nin bacterias coliformes nos seus resultados. O resultado foi moi positivo ao incrementar en 8 fontes, que anteriormente deran resultados negativos, que agora da un resultado que as considera aptas (sen garantía sanitaria. Estas análises dan unha garantía sanitaria durante un periodo de 72 h.), dato coincidente con áreas nas que se inctoduciu o saneamento municipal. Entre elas destacamos a da Fonte das Covas, Agoeiros, Coruxeiras, Da noite, Raposeira, dos Floreiros, Espicho do Faro. As fontes que deron non aptas nas, que tamén figuran algunhas que non foron anteriormente mostreadas se quere destacar a de Rubás, a de Ferreiro e Agüín.
“É moi importante ter en conta o estado de sanidade das fontes do noso concello coa finalidade de poder coñecer cales son as posibles causas que poden provocar a contaminación e presencia de bacterias contaminantes que dañen a nosa saúde”. Asegura Cándido Lorenzo, “son uns datos positivos a ter en conta para poder realizar un seguemento das augas que consumen os veciños e veciñas de Salceda, cada fonte vai a ter a data da última análise realizada informando acerca do estado sanitario da mesma”.