A aula de novas tecnoloxías do CDL O Torrón acolle dous novos cursos

O CDL O Torrón acollerá no mes de xullo dous novos cursos, no que as 15 plazas por curso se cubrirán con un mínimo do 60% con autónomo e ao 40% restante poderán acceder desempregados/as.

Os cursos son “Venta Online” de 45 horas no que os alumnos e alumnas poderán aprender a deseñar unha páxina web comercial e a utilizar internet como canle de venta. Outro curso é “Selección e evaluación de proveedores” de 35 horas no que se mostrarán os coñecementos precisos para evaluar productos e proveedores.

Serán na modalidade presencial e Teleformación, contando ambos os dous con 10 horas presenciais e as restantes online.

As datas de celebración son as seguintes:

– Venta Online: entre o 14 e o 18 de xullo.

– Selección e evaluación de proveedores: entre o 21 e o 28 de xullo.

Ambos os dous en horario de luns a venres de 21:00 a 23:00 horas, para poder conciliar a xestión do negocio coa aprendizaxe.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Concelleira de Emprego e Formación, suliña “a importancia da formación tanto para os desempregados/as como para aqueles emprendedores que teñen os seus negocios e que precisan ir adaptándose aos cambios na xestión e gañar así oportunidades de venta”

No caso dos desempregados/as estes deben inscribirse na oficina de emprego (INEM), mentres que as/os autónomos poderán facelo no Rexistro Xeral do Concello ata o 27 de xuño.

Os impresos de solicitude xa están a disposición no Rexistro e na páxina web do Concello.