O concello de Salceda celebra o Día Internacional do Voluntariado

A Concellería de Voluntariado ven de celebrar o día internacional do voluntariado, cun acto de agradecemento aos voluntarios e voluntarias da Bolsa de Voluntariado de Salceda.

Este ano contouse coa presenza de Cruz Vermella de Vigo, representada por Andrea Náñez (educadora social) e Vanesa (voluntaria), que trataron o tema “Proxectos para maiores de Cruz Vermella”.

O público tivo tamén a oportunidade de escoitar a Maribel Prado, Vicepresidente de AFAGA (Asociación de familiares de enfermos e outras demencias de Galicia), ponente da charla “Familia e enfermidade de Alzheimer”

Nesta data non podían faltar os voluntarios e voluntarias da Bolsa de Voluntarios do Concello, e Esther Núñez foi a encargada de poñerlle voz a todos eles, contando a súa experiencia na entidade do Concello.

 

Houbo oportunidade tamén de coñecer as actividades que están levando a cabo neste intre a Asociación de Mulleres Rurais Caselas e a Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda, que contaron con un posto de información na entrada do Auditorio Municipal.

Antes de finalizar o acto, a Concellería de Voluntariado quixo mostrar o seu agradecemento con unha proxección que facía lectura das actividades realizadas polos voluntarios e voluntarias con mensaxes de agradecemento. Antes de rematar o Alcalde, Marcos Besada e a Tenente Alcalde Marina Cabaleiro fixeron entrega dun pequeno agasallo a cada voluntario.

Marina Cabaleiro, sinala “este acto só é unha pequena mostra para dar a coñecer o traballo dos nosos voluntarios e voluntarias. Esta homenaxe é un pequeno xesto a un grande traballo. A verdade é que están presentes en moitas das iniciativas que leva a cabo o concello, sobre todo de caracter social, como o Roupeiro Municipal, Programa de Alimentos, actividades deportivas, culturais… mellorando en moitos casos a vida dos nosos veciños e veciñas”.

Galería de fotos do acto:

01 02 03 04 05 06 07Vídeo homenaxe á Bolsa de Voluntarios de Salceda: