Xerais

Xornada de cooperativismo

A Concellería de Emprego do Concello de Salceda de Caselas, organiza para a data 27 de novembro de 2012 unha xornada de cooperativismo en colaboración ca Mancomunidade de Vigo, Concello de Porriño, Concello de Mos, e Concello de Salvaterra de Miño, o horario é de 10:30 a 13:30, é o lugar de impartición será o Centro de Desenvolvemento Local do Torrón de Salceda de Caselas

O impulso do Viveiro Municipal de Empresas que propón Santiago Davila chega tarde

A Tenente Alcalde socialista Marina Cabaleiro, quere mostrar a súa satisfacción porque dende a oposición estén de acordo, por fin, en algunhas das iniciativas que se están levando a cabo dende a Concellería de Emprego e Formación.

Tamén quere recordar que dende a oposición non se debería traballar so en eleccións, aclara “o impulso do CDL de O Torrón como sede de un viveiro de empresas xa era parte do noso programa electoral, é o noso obxectivo principal na área de emprego e formación. O proxecto xa está a piques de rematar e estase a redactar o regulamento de uso para a súa aprobación, polo que ainda que tarde agradecemos que sean do seu agrado os nosos proxectos”.

As consultas sobre o obradoiro de Vitivinicultura colapsan a Concellería de Emprego e Formación

Despois da nota de prensa emitida a semana pasada, na que se facía eco do convenio firmado entre a Concellería de Emprego e Formación de Salceda de Caselas e “Bodegas La Val” para formar a 15 desempregados do Concello de Salceda de Caselas nas tarefas propias dunha adega, esta concellería tivo que paralizar a súas tarefas diarias para atender aos desempregados que acudiron de forma masiva para informarse sobre estes plans formativos.