Xerais

Comenzan as obras de acondicionamento da área de esparcemento do CDL O Torrón

Despois do seu acondicionamento esta área albergará unha pista deportiva de BMX
A Tenente Alcalde, Marina Cabaleiro, suliña non só o carácter deportivo desta inversión, senón a importancia da recuperación dun espazo semiabandoado para proporcionar á xuventude espazos onde practicar o seu deporte como parte de desenvolvemento persoal e de vida saudable.

Salceda recupera a súa memoria histórica

O Concello de Salceda de Caselas leva meses traballando na posta en marcha do Arquivo Municipal da Imaxe (AMIS). Este proxecto pretende reunir nun mesmo arquivo fotografías, vídeos e documentos antigos con valor etnográfico, documental e histórico, que na actualidade se presentan diseminados en coleccións persoais polos fogares salcedenses ou de fora do municipio.

O Pleno de Salceda aproba a Segunda Fase do Proxecto de Mellora da Praza de Abastos

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar o proxecto de investimento para a Segunda Fase de Mellora da Praza de Abastos, que se ven de presentar na convocatoria de subvencións da Consellería de Economía e Industria para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario.