Xerais

Salceda unha vez máis apoiando o deporte

A concellería de deportes do Concello de Salceda e as Escolas Deportivas Municipais, queren convidar a todos os veciños e veciñas e interesados en xeral a I Conferencia Deportiva “Os valores que transmite o deporte”.

Salceda regula a actividade dos furanchos

O Concello de Salceda de Caselas ven de aprobar a primeira ordenanza municipal reguladora da actividade dos furanchos. A ordenanza ven de entrar en vigor este mesmo mes, despois da súa aprobación inicial o pasado mes de decembro e sen que se producise alegación algunha ao texto proposto dende a Concellaría de Comercio que dirixe Loli Castiñeira

O equipo de goberno de Salceda volve apoiar á PAH

O equipo de goberno de Salceda (Movemento Salceda e PSOE) segue a colaborar coa Plataforma de Afectados polas Hipotecas. Nesta ocasión, o Alcalde e as/os Concelleiras/os do goberno van facer unha aportación de 200 € para axudar na financiación da viaxe que a PAH fai esta fin de semana a Madrid para participar nas “Marchas pola Dignidade” convocadas para a defensa dos dereitos dos cidadáns, neste caso o dereito a unha vivenda digna.

Salceda entrará a formar parte da Ruta do Viño Rías Baixas

A Ruta do Viño Rías Baixas é unha proposta turística que invita a descubrir o rico patrimonio do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas e saborear tódolos matices da terra que o ve nacer. Esta ruta ofrece múltiples actividades e servizos turísticos que teñen como principal eixo temático o mundo do viño da D. O. Rías Baixas, ofrecendo unha experiencia completa e de calidade aos visitantes.

Aprobados os Orzamentos para o ano 2014

O orzamento municipal ascende a cantidade de 4.170.110,51 € no estado de gastos e 4.637.770,16 € no estado de ingresos, presentando un superávit de 467.659,65 €.