Xerais

O Concello de Salceda de Caselas realiza a análise de 31 fontes

A Concellaría de Medioambiente dixida por Cándido Lorenzo realiza a análise de 31 das fontes do Concello co obxectivo de coñecer o estado de calidade da auga para as mesmas. O criterio de selección foi determinado principalmente polo uso que os veciños e veciñas fan das mesmas, recollendo a mostraxe das máis utilizadas.

A Cultura da Auga

Este sábado día 14 de Xuño vamos a descubir a terra da Auga, os Humidais de Budiño, unha zona moi importante dende o punto de vista histórico e sobretodo natural, co programa pasos en ecolóxico

O Parque Raíña Aragonta contará con un Skate Park

O Concello de Salceda de Caselas, por medio da Concellaría de Xuventude que dirixe Loli Castiñeira, ultima os detalles para a inminente colocación dun espazo de skate no Parque Raíña Aragonta. Esta nova área de lecer para a xuventude estará rematada este verán, polo que os aficionados ás diferentes modalidades de skate poderán disfrutar das instalación nun breve prazo de tempo.