Voluntariado

5 de decembro Día Internacional do Voluntariado

O concello de Salceda de Caselas celebra o Día Internacional do Voluntariado.
O acto terá lugar no Auditorio Municipal o venres 5 de decembro.
Accede ó VÍDEO HOMENAXE ós voluntarios/as e a GALERÍA FOTOGRÁFICA do evento.

Fin de semana solidario

13 de decembro no Auditorio Municipal:
Recollida de xoguetes.
Teatro Solidario: “Doutor de Cabeceira”
14 de decembro no Pavillón Municipal dos Deportes:
Festival solidario “Por eles”.

Novo horario do Roupeiro Municipal. Disporá ademais de un sistema de cita previa

O novo horario é os mércores de 16:00 a 18:00 horas e os xoves de 9:30 a 11.30 horas, nas instalacións do baixo do concello, en fronte a Policía Local. Ademais, para todos aqueles e aquelas que non poidan acudir neste horario ábrese tamén a posibilidade de concertar cita previa a través da Concellería de Benestar Social ou Servizos Sociais para atención personalizada noutros horarios.

Xogos en familia para festexar o “Día da Familia”

A Concellería de voluntariado, dirixida pola Tenente Alcalde Marina Cabaleiro, acolleu esta iniciativa que partiu dunha das voluntarias. Tamén contou co apoio de varias alumnas que viñan de rematar a parte teórica do curso de Monitor de Tempo Libre realizado pola Concellería de Emprego e Formación.