Voluntariado

Fin de semana solidario en Salceda

Hai que suliñar que cada ano son máis os voluntarios e voluntarias que se unen a estas iniciativas e que botan unha man sen recibir nada a cambio. Ademais cada vez tamén son máis as asociacións, empresas, particulares e distintos colectivos que realizan doazóns ó programa de alimentos do Concello, a maioría deles de xeito totalmente anónimo.

Recollida de xoguetes. Teatro solidario

Sábado, 13 de decembro. Auditorio Municipal.
Ás 16h. Recollida de Xoguetes.
Ás 21h. Teatro solidario “Doutor de cabeceira”
Entrada: un alimento de nadal.