Vías e obras

200 novas prazas de aparcamento gratuíto na Devesa

O novo espazo, que suma máis de 6.000 metros cadrados e supón a creación de 200 novas prazas de aparcamento gratuíto en pleno casco urbano, estará dispoñible para ser usado nas vindeiras semanas na zona da Devesa.

Salceda presenta o proxecto de humanización da Avda. de Galicia

O Equipo de Goberno do Concello de Salceda ven de facer público o proxecto de humanización da Avenida de Galicia, entre o enlace da PO-510 e a intersección coa PO-2505 xunto ao Parque da Gándara, incluíndo a mellora da conexión do vial co mencionado parque e, polo tanto, coas piscinas municipais.

Comezan as obras de ensanche da estrada Fontán – Sete Camiños

A obra permitirá o ensanche da estrada ata unha anchura de entre 7 e 8 metros (actualmente ten 5 metros), que incluirá ademáis a rectificación da perigosa curva que se atopa no tramo, así como a mellora da seguridade no entorno da poza existente, na que se colocará unha barandilla perimetral.