Vías e obras

Salceda sinaliza as súas parroquias

O Concello de Salceda vai acometer a sinalización das súas sete parroquias a partir de mañá mércores. Máis de cen sinais vanse distribuír ao longo do municipio, para o cal o Concello ten adxudicada unha partida de 40.000 € de fondos propios nos Orzamentos deste ano 2014.

Salceda solicita a mellora da estrada EP-2505

O Pleno do Concello de Salceda ven de aprobar por unanimidade a solicitude á Deputación de Pontevedra para que proceda á mellora da mobilidade na estrada EP-2505, xa que o seu estado actual fai dela unha estrada moi perigosa tanto para os vehículos como para peóns.

Mellora da Rede de Abastecemento no Casco Urbano

O Consorcio de Augas do Louro ven de rematar os traballos de mellora na rede de abastecemento do núcleo de Salceda para aumentar en 2 Kg/cm3 a presión de suministro nas partes altas da vila.

100 novas prazas de aparcamento no casco urbano

O proxecto levouse a cabo grazas á colaboración dos propietarios dos terreos que, en diálogo constante coas Concellarías de Tráfico e Vías e Obras, ceden o uso dos mesmos para a creación de prazas de aparcamento públicas.

Comezan as obras da nova Rotonda en Salceda

Esta semana veñen de dar comezo as obras da nova rotonda que ordenará o tráfico na intersección entre a Rúa Vigo e a Avenida de Galicia, no coñecido como o Cruce de Correos.