200 km de sendas e viais limpados no I Plan Anual de desbroces de Salceda
O concello de Salceda de Caselas vén de rematar a primeira fase do seu Plan Anual de Desbroces que botou a andar no mes de febreiro. O equipo de goberno dá resposta deste xeito ao seu compromiso electoral que trata de acometer unha actuación planificada e ordenada das tarefas de mantemento dos principais viais e camiños de propiedade municipal.