Máis de 1500 árbores para reforestar as zonas queimadas en Salceda

A Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño, ubicada na parroquia de Entenza, ven de realizar unha donación de árbores para as Comunidades de Montes de Salceda de Caselas afectadas polos incendios de 2017: Comunidade de Montes de Santa María, Picoña, San Xurxo, Parderrubias e Santo Estevo de Budiño.
A acción enmárcase dentro do programa de colaboración do Centro co Concello de Salceda de Caselas como unha medida integradora dentro da xestión forestal, promovendo a sinerxía entre as dúas entidades co obxectivo de mellorar o entorno. Neste caso, o director da estación, Manuel Riveiro, prantexou axudar ás comunidades de montes, que, como non podía ser doutro xeito, aceptaron e agradeceron a donación.
Grazas a esta colaboración, as comunidades de montes terán á súa disposición un total de 1300 sobreiras (Q suber), 150 carballos (Q robur) e 80 roble americano (Q rubra), destinados a espazos cercanos aos núcleos de poboación, co obxectivo de crear zonas naturais de protección que eviten a propagación de incendios. A estación experimental realiza a donación con intención de que se repita nos vindeiros anos, establecendo así unha relación contínua coas diferentes comunidades de montes de Salceda.
O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Medio Rural que dirixe Carla Pérez, serviu de nexo de coordinación entre a estación e as comunidades, agradecendo a implicación amosada pola estación experimental, así como a boa acollida por parte dos responsables das comunidades de montes.

Gabinete de prensa, 3 de decembro de 2018