Emprego e formación

Nova Oferta de Emprego Público para o Concello

A Concellaría de Emprego do Concello de Salceda, que dirixe Loli Castiñeira, informa da vindeira contratación de tres persoas para desempeñar postos de orientación laboral, conductor/a de camión e auxiliar administrativo/a.

Éxito do obradoiro de Dinamización do Cooperativismo

Máis de vinte persoas participaron, entre os días 13 e 17 de xuño, no obradoiro de Dinamización do Cooperativismo para os sectores agroecolóxico e servizos sociais, que se desenvolveu no CDL do Torrón, dependente da Concellería de Formación e Emprego que dirixe Loli Castiñeira.