Novas pistas multideporte na área deportiva de Altamira
Marina Cabaleiro, tenente alcalde, suliña que dende a concellería de deportes apostamos por facer posible o deporte para todos e todas, poñendo a disposición dos veciños e veciñas instalacións axeitadas a diversidade de modalidades que practican os salcedenses. Cubrimos as demandas dos clubes de baloncesto, balonmán, tenis, bádminton ou fútbol sala. Sen esquecernos do CEP Altamira no horario de recreo escolar, que poderán utilizalas os pequenos para fomentar o deporte dende os primeiros anos.