A Concellería de Deportes presenta o “Campamento de Verán 2014”

A Concellería de Deportes presenta o Campus Urbán Salceda 2014. Trátase dun campamento urbán para nenos e nenas de 3 a 12 anos dende o 23 de xuño ata o 5 de setembro.

Este campus faise por terceiro ano consecutivo, e nesta edicción ademáis das actividades propias, contará con un proxecto novedoso “English Camp” na segunda quincena de agosto, se houbese demanda suficiente, do contrario manteríase o campamento coas mesmas opcións. As actividades propias do campamento terán lugar en horario de 9:30 a 14:00 horas e as familias usuarias tamén disporán do Servizo de Aula Matinal e Comedor, co cal disporase dun horario de conciliación familiar de 8:00 ata as 16:00 horas.

Será un campamento multidisciplinar, con deportes, obradoiros e xogos. Entre as actividades, ademáis de distintos deportes, os pequenos contarán con saídas a piscina, ás sendas, obradoiros, xogos tradicionais, música…

O concello entregará os formularios de inscrición nos colexios, ademáis pódense recoller na Concellería de Deportes (Concello) e na Casa da Cultura. Ademáis está dispoñible toda a información na páxina web do Concello de Salceda www.salcedadecaselas.es.

Para inscribirse as familias teñen distintas opcións: por quincenas, mes, etc. Para calquera consulta adicional poden dirixirse a concellería de deportes ou a través do correo electrónico: tenenciadealcaldia@salcedadecaselas.es

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área “queremos ademáis de ofrecerlle alternativas para o verán ós nenos e nenas, responder a demanda das familias de conciliación da vida laboral e familiar, aínda que sexa verán as familias teñen que continuar coas súas tarefas laborais polo que precisan de lugares axeitados donde os nenos estean atendidos e divertíndose”

reunión campus salceda 10 xuño_signed Folleto campamento (cara A) Folleto campamento (cara B)