Cultura e festas

Salceda presenta “O mellor Entroido da Provincia”

O Concello de Salceda de Caselas presentou esta mañá a súa festa máis tradicional e imporante: o Entroido. Fai máis de 135 anos que os barrios do Castro Barreiro e da Feira se enfrontan na súa particular batalla por ter o mellor entroido.

A Cultural Veterana emociona no seu reencontro

O Auditorio Municipal de Salceda acolleu o pasado sábado a actuación da Cultural Veterana, unha agrupación de instrumentistas que formaron parte da Banda Cultural de Salceda, ou que permanecen na mesma cando menos dende fai 20 anos. O concerto, que se celebrou con dobre sesión pola grande demanda de público, estivo dirixida por Francisco Pérez, quen fora director da Cultural entre os anos 1996 e 2004.

Salceda mantén a tradición dos Ranchos

As rúas e prazas de Salceda enchéronse de música, danza e sobre todo moita alegría e moita cor o pasado sábado 28 de decembro coa celebración do VII Encontro de Ranchos e Danzas Tradicionais organizado conxuntamente pola Asociación Cultural A Feira e o Concello de Salceda de Caselas. Un total de seis agrupacións participaron no evento.

O Circo de Pinocho chega a Salceda de Caselas

O proxecto de maior envergadura dos creadores de Os tres porquiños, Carapuchiña Vermella e O mundo máxico de Pinocho, atópase de xira pola provincia, e a vindeira fin de semana recalará en Salceda de Caselas, fronte á Igrexa de Santa María, con funcións o venres ás 18:30h, o sábado ás 18:00h e o domingo, ás 12:00h e ás 17:00h.