Benestar Social e Igualdade

Marc, o mono que naceu dun ovo, achega a transexualidade a Salceda

Chrysallis Galicia, Asociación de Familias de Menores Transexuais, da man da súa Vicepresidenta Eva Serantes, presentou en Salceda de Caselas o conto infantil “Marc, o mono que naceu dun ovo”. O relato, escrito por José Luis e Saúl Serantes Vaz, conta a historia de Marc, un mono que polo feito de ter nacido dun ovo está obrigado a ser unha ave, cando a realidade é que é un mono.

Volve o Programa “Cultiva a mente”

A Concellaría de Benestar Social do Concello de Salceda de Caselas, que dirixe Teresa Pérez, ven de anunciar a posta en marcha dunha nova edición do programa “Cultiva a mente”, un proxecto que engloba a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional.

Salceda aposta polo Servizo de Axuda no Fogar

O servizo de Axuda no Fogar conleva actuacións levadas a cabo no contorno das persoas relacionadas coa atención de carácter persoal, que permitan á persoa usuaria a realización das actividades básicas da vida diaria, así como atencións de carácter doméstico e do fogar coa finalidade de incrementar a súa autonomía persoal e calidade de vida.

Manus e o CRA Raíña Aragonta colaboran co Programa de Alimentos

O Centro de Educación Infantil Manus e o CRA Raíña Aragonta veñen de facer unha aportación para o Programa de Alimentos e de xoguetes de Salceda, resultado de sendas iniciativas solidarias levadas a cabo nos propios centros educativos que consistiron na recollida de xoguetes e alimentos.