Benestar Social e Igualdade

Salceda en negro contra as violencias

O Concello de Salceda de Caselas adheriuse por segundo ano á campaña “En negro contra a violencia”, unha iniciativa xurdida en 2015 no Concello de Santiago e á que se sumaron o ano pasado 75 concellos de toda Galicia.

Sae a concurso o servizo de cafetería do Centro Social da Devesa

O Concello de Salceda de Caselas ven de publicar o expediente de adxudicación da concesión demanial para a explotación da cafetería do Centro Social A Devesa que se adxudicará por un periodo de seis anos. As persoas interesadas teñen un prazo de vinte días para presentar as súas ofertas.