Benestar Social e Igualdade

15 persoas benefícianse do programa “Cultiva a mente”

Esta mañá a Alcaldesa Loli Castiñeira xunto coa tenente alcaldesa Verónica Tourón, a Concelleira de Benestar Social Gela Ledo, o director da oficina de Caixabank en Salceda de Caselas e o presidente de AFAGA, visitaron a actividade para saudar ás persoas participantes e agradecerlles a súa participación no programa

25 entidades reciben 92.051,40 € do Concello

25 entidades veñen de asinar co Concello os convenios de colaboración deste ano 2019 que lles permitirán percibir as axudas destinadas a colaborar na sufragación dos gastos que as entidades tiveron ao longo do ano, e que no mes de decembro terán que xustificar ante o Concello.

O gabinete de atención temperá funciona xa en Salceda e As Neves

Nesta semana, a alcaldesa Loli Castiñeira e a Concelleira de Benestar Social, Gela Ledo, visitaron as instalacións que o Concello creou no Centro de Servizos Sociais da Devesa e reuníronse coas profesionais que prestan o servizo, que lles trasladaron a boa marcha do mesmo nestes momentos iniciais en que xa contan con máis de 15 nenos e nenas.

Salceda disporá dun gabinete de atención temperá a partir de setembro

O gabinete contará cun equipo especializado formado por un mínimo de tres integrantes dos campos da psicoloxía, logopedia e fisioterapia, e atenderá tres días da semana en Salceda e dous nas Neves. O servizo está financiado nun 80% pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para o que ven de conceder unha partida de 15.603,17 €.