Benestar Social e Igualdade

O grupo de Teatro Xoaniña colaborou co Programa de Alimentos

O grupo de teatro da Escola Infantil Xoaniña subiuse de novo ó escenario do Auditorio Municipal de Salceda para representar a obra “mil campanas soan no meu corazón”.
O prezo da entrada para poder disfrutar dunha divertida e agradable tarde de domingo foi un alimento.

O grupo de teatro Xoaniña representa “1000 campanas soan no meu corazón”

O grupo de Teatro de Xoaniña súbese de novo o escenario para representar a “1000 campanas soan no meu corazón” onde a música ten un papel moi importante. Dirixidos de novo por Xerpo Cultural, esperamos que esta nova posta en escena do Grupo de Teatro de Xoaniña cumpla o seu fin que non é outro que divertir ós pequenos e non tan pequenos e pasar unha agradable tarde de domingo.

Festa dos avos

Homenaxe a Mercedes, socia da Asociación de Xubilados e Pensionistas con máis idade (99 anos).

Salceda de Caselas celebra o día da muller

Dende o Concello de Salceda queremos salientar a importancia do día da muller traballadora a través do seu papel importante dentro da sociedade, mediante a loita para poder adquirir os dereitos que os homes tiñan recoñecidos polo sistema. A conmemoración deste día baséase principalmente en reinvindicar a igualdade laboral tanto na ubicación das mulleres nos postos directivos como na percepción asalarial, así como as políticas de apoio as iniciativas empresariais e a conciliación da vida laboral e familiar.

TROCA SALCEDA. Os veciños comparten na primeira feira sen cartos.

A primeira feira do Troco de Salceda, organizada por Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Concelleira de Benestar Social, comenzou a súa andaina o pasado 15 de xaneiro, tendo unha moi boa acollida dos veciños, asegurando a súa continuidade que pretende ser bimensual.