“Cartas de amor”, exposición gráfica sobre a violencia de xénero

A Casa da Cultura Alfonso Daniel Rodríguez Castelao conta con esta nova exposición entre os días 23 e 31 de outubro.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, colabora coa Secretaría Xeral de Igualdade para poder achegar a todos os veciños e veciñas esta exposición gráfica de 15 artistas.

O obxectivo é traballar a favor da eliminación da violencia de xénero, a través da sensibilización da sociedade en xeral e na educación das xeracións máis novas en valores como a igualdade entre mulleres e homes ou o rexeitamento aos comportamentos violentos.

Nos últimos anos detéctanse moitos casos de relacións de parellas entre adolescentes cunha forte carga de violencia verbal e incluso física e con esta exposición, Cartas de Amor, pretendese establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella, e a cureldade que, ás veces vai asociada a elas.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e Concelleira de Benestar quere resaltar “a importancia de colaborar nesta serie de accións encamiñadas a previr estas situacións de violencia de xénero entre persoas de todas as idades, pero sobre todo entre os adolescentes”.