Benestar Social e Igualdade

15 maiores reciben atención nun proxecto pioneiro en Parderrubias

Este é o resultado dun excepcional traballo da entidade veciñal presidida por María Rodríguez, que conseguiu darlle unha nova vida a este edificio, que agora acolle ás persoas maiores que fai décadas asistiron a esas mesmas instalacións na súa época escolar.

Salceda analiza a situación municipal da violencia de xénero

O Concello de Salceda acolleu esta semana a Mesa Local sobre Violencia de Xénero, presidida pola Alcaldesa, Loli Castiñeira, e con asistencia de Mª Xosé Rodríguez, responsable da unidade de violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, Roberto Barba, Director Xeral de loita contra a violencia de xénero da Xunta de Galicia, representantes da corporación municipal, Garda Civil e Policía Local.

Salceda aproba o seu III Plan de Igualdade

O Concello de Salceda de Caselas vén de aprobar o III Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes de Salceda de Caselas 2024-2028, subvencionado pola Deputación de Pontevedra con 5.554,15 €

Salceda aprobará o I protocolo contra o acoso sexual e acoso por razón de sexo

Nesta semana vén de celebrarse a Mesa Xeral de Negociación do Concello de Salceda de Caselas para a posta en marcha do protocolo contra o acoso sexual e acoso por razón de sexo. Na proposta de protocolo, Concello e sindicatos asumen un compromiso conxunto coa concienciación, información e prevención do acoso así como coa posta en marcha de medidas de protección que garantan un entorno laboral libre de violencia e acoso.