En Galego, Agora e Sempre
O Concello de Salceda de Caselas súmase á celebración do acto “En Galego, Agora e Sempre”, que se leva celebrado xa en diversos municipios de toda Galicia da man da Asociación de Funcionarios en Lingua Galega. No caso de Salceda, o acto terá lugar o vindeiro sábado 31 de maio a partires das 12:30 no Cemiterio Parroquial de Santa María de Salceda.