Alcaldía

Salceda é un municipio seguro

O Alcalde de Salceda, Marcos Besada, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, presidiron onte a Xunta Local de Seguridade, á que tamén asistiron os Concelleiros Jose Luis González, Fortunato Álvarez e Marina Cabaleiro, así como representantes da Garda Civil, Policía Autonómica, Policía Local e a Xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación de Goberno, Mª Paz Pérez Asorey.

Salceda levará a cabo a posta en valor das Mámoas de Coto da Cruz

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia ven de autorizar os traballos de limpeza, documentación e posta en valor da Área Arqueolóxica das Mámoas de Coto da cruz, situadas entre as parroquias de Picoña e Santa María, en Salceda de Caselas

O equipo de goberno de Salceda volve apoiar á PAH

O equipo de goberno de Salceda (Movemento Salceda e PSOE) segue a colaborar coa Plataforma de Afectados polas Hipotecas. Nesta ocasión, o Alcalde e as/os Concelleiras/os do goberno van facer unha aportación de 200 € para axudar na financiación da viaxe que a PAH fai esta fin de semana a Madrid para participar nas “Marchas pola Dignidade” convocadas para a defensa dos dereitos dos cidadáns, neste caso o dereito a unha vivenda digna.