A Deputación estuda melloras en dúas estradas provinciais tras oito anos de espera por parte do Concello
O deputado Benítez e a nova directora de Mobilidade, Isabel Pardo de Vera, reuníronse co alcalde, Marcos Besada, e o Concelleiro de Vías e Obras, Miguel González, para analizar as necesidades en materia de infraestruturas do municipio.