Alcaldía

A poboación de Salceda incrementouse nun 20% nos últimos dez anos

Salceda alcanza así a cifra de poboación máis alta da súa historia, certificando un crecemento continuado nos últimos anos, que se establece xa nun 20% nos últimos 20 anos, pasando de 7.402 habitantes a 1 de xaneiro do ano 2.006 a 8.914 o 1 de xaneiro de 2.016.

Asinado o convenio para a construcción do novo Centro de Saúde

O Convenio, na súa cláusula 2, recolle a obriga por parte da Consellería de Sanidade de construír o novo Centro de Saúde na parcela de 3.000 m2 da Devesa, rexistrada a nome do Concello de Salceda de Caselas polo Rexistro da Propiedade de Tui e cedida ao SERGAS dende maio do 2011.

Salceda homenaxea á Sociedade “Hijos de Entienza”

O Concello de Salceda, a Comunidade de Montes de Entenza, e a Asociación de Xóvenes “A Turonia”, veñen de render homenaxe á Sociedade “Hijos de Entenza”, fundada en Bos Aires en 1.920, e que durante anos acolleu aos emigrantes da parroquia de Entenza na cidade arxentina.