Pleno ordinario do 17 de decembro de 2020
Neste enlace poderás seguir a emisión en directo do Pleno ordinario que se celebrará o 17 de decembro ás 20:30 no salón de plenos do Concello de Salceda de Caselas.
Salceda de Caselas |
![]() |
![]() |
|
Neste enlace poderás seguir a emisión en directo do Pleno ordinario que se celebrará o 17 de decembro ás 20:30 no salón de plenos do Concello de Salceda de Caselas.
A Casa da Cultura Castelao acolleu esta mañá a presentación da programación de Nadal do Concello de Salceda de Caselas, que se estenderá ata o día 5 de xaneiro con máis dunha ducia de actividades centradas no público infantil
O gabinete conta cun equipo especializado formado por catro integrantes dos campos da psicoloxía, logopedia e fisioterapia, e atende tres días da semana en Salceda e dous nas Neves. O servizo está financiado nun 90% pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través do Fondo Social Europeo, que concedeu unha partida de 105.383,70 € para este último ano.
As infraccións detectadas e denunciadas refírense fundamentalmente á obrigatoriedade de usar máscara protectora, á prohibición de consumir tabaco se non se pode garantir unha distancia de seguridade de 2 metros, ao cumprimento do toque de recoller e ás limitacións de mobilidade derivadas dos confinamentos perimetrais existentes en numerosos municipios da contorna.
O Concello de Salceda ven de iniciar as obras de reorganización do tráfico no entorno do campo de fútbol do Penedo Redondo, co fin de rematar co problema de seguridade viaria que se daba na zona, con habituais “quedadas” para realizar carreiras ilegais de coches.