Aqualia, a empresa encargada da xestión do ciclo integral da auga dende a entrada en funcionamento do Consorcio do Louro, ven de abrir as portas da súa oficina de atención ao público ubicada na Rúa Pontevedra (Nº27) de Salceda de Caselas. Dende o pasado luns a oficina permanece aberta os mércores e xoves pola mañá (9:00-13:00) e os luns, martes e venres pola tarde (15:00-19:00) para atender todo tipo de trámite relacionado cos servizos de auga e sumidoiro dos veciños e veciñas de Salceda: altas e baixas, reclamacións, facturación, domiciliacións…
O Alcalde, Marcos Besada, xunto cos Concelleira de Augas (Loli Castiñeira) e o Concelleiro de Facenda (Jose Luis Rodríguez) visitaron as novas dependencias xunto con Ramiro Gutiérrez, Xefe de Servizo do UTE Consorcio do Louro) e Enrique Cabaleiro, o administrativo encargado da oficina. Alí puideron coñecer de primeira man o funcionamento da mesma, ademáis de intercambiar as últimas anécdotas derivadas do cambio na xestión dos servizos.
Loli Castiñeira, Concelleira de Augas, manifestou a súa satisfacción pola apertura desta nova oficina. “Os veciños e veciñas de Salceda seguían a acudir ás dependencias do Concello para aclarar as súas dúbidas, e agora por fin van poder facelo directamente coa empresa xestora, o que supón una información directa e de primeira man”.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda destacou que “estamos nun momento histórico para Salceda, xunto con Tui, Mos e O Porriño, con una insfraestructura como a depuradora de Guillarei funcionando a pleno rendemento e coas instalación precisas para que tódolos usuarios e usuarias dos servizos de abastecemento de augas e saneamento poidan recibir o mellor servizo, así como a atención ao público precisa”.