Os escolares de Salceda coñecen o seu entorno

O CEP Altamira, en colaboración co Concello de Salceda, ven de realizar visitas cos seus alumnos de 1º ciclo (1º e 2º curso) a diversos edificios do municipio. O obxectivo é que os máis pequenos coñezan o seu entorno máis achegado, moitas veces descoñecido para moitos deles. Así, os alumnos de 1º curso visitaron a Casa da Cultura Castelao e a Casa da Música. Na Casa da Cultura os cativos coñeceron as instalación da man da bibliotecaria, levándose agasallos conmemorativos da súa visita. Ademáis tiveron a oportunidade de realizar o seu propio colgante conmamorativo da visita da man de duas voluntarias da Bolsa de Voluntariado de Salceda. Na visita aprovéitase para ofrecerlles aos cativos a oportunidade de facerse socios da biblioteca, aínda que a mayoría xa o son.

Posteriormente visitaron a Casa da Música, onde varios componentes da Banda Cultural de Salceda lles ensinaron as instalación do edificio e lles fixeron una divertida mostra dos sorprendentes sons que se poden conseguir con diversos instrumentos.

Os alumnos de 2º, pola súa banda, visitaron a oficina de correos e as oficinas da Policía Local. No caso de correos, os nenos e nenas tiveron oportunidade de coñecer profundamente o funcionamento do servizo, os diferentes productos (certificados, paquetería…), e aproveitaron para enviar por correo una felicitación de Nadal a un compañeiro de clase.

Nas oficinas da Policía Local puideron coñecer o funcionamento do servizo, asi como as diferentes funcións que ten a policía. Os axentes aproveitaron para darlle varios consellos para un bo comportamento na rúa, e entregáronlles tamén un agasallo conmemorativo.

Teresa Pérez, Concelleira de Ensino, valora moi positivamente este tipo de visitas. “É fundamental que os máis pequenos coñezan o seu entorno máis próximo, e as diferentes opción que existen dentro do seu Concello. Felicito ao equipo directivo do CEP Altamira por este tipo de iniciativas, para o que saben que contarán sempre con oso apoio”.