O pasado luns 5 de outubro tivo comezo ás 18:00 no Centro de Desenvolvemento Local do Torrón,o curso de Lingua de Signos, solicitado polo concello de Salceda de Caselas que está encadrado no Programa Actívate da Deputación de Pontevedra, que terá unha duración total de 40h finalizando o xoves 22 de outubro, e que acolle a un total de 25 alumnos.
Un curso moi importante que permite a comunicación co colectivo sordo, nas que se adquirirá unha serie de coñecementos básicos da linguaxe de signos, que permitirá ter conceptos básicos sobre a lingua de signos, nas mans de Maria José, docente do curso.
Para a selección do curso o O Concello de Salceda de Caselas realizou, previamente, unha enquisa a través do servizo da OMIX, nas redes sociais, onde a maior parte das persoas que solicitaban o seu interese nos cursos se decantaban polo curso de Ligua de signos.
Carla Pérez, a concelleira de Mocedade salientou a importancia de que a poboación salcedense se dencantara por este curso, o cal mostra a sensibilización por parte da poboación de cara a mellorar a comunicación con diferentes colectivos da sociedade, “É moi importante ter en conta a todas as persoas que forman parte da sociedade, e poder comunicarnos sen excluír a ninuén, é unha mágoa que non se introduza esta lingua dentro do ensino básico”.