24 Asociacións veñen de recibir a asignación que o Concello ingresa, a pesar dos Recurtes que se están a levar a cabo por parte da Xunta.
O Concello de Salceda ven de ingresar 91351,40€ ás diferentes entidades que forman parte do traballo que se ven desenvolvendo no Concello, estas entidades . Esta contía adáptase ao recollido no Plan de Axuste e nos Orzamentos do ano 2013.
A pesar de que a Xunta de Galicia está a levar a cabo unha política de reaxuste presupostario, realizando recortes presupostarios en Deporte, Cultura e Ensino o Concello de Salceda non vai a desantender as necesidades das diferentes entidades para poder sufragar parte dos custes que están afrontando realizando múltiples actividades para os nosos veciños e veciñas.
As partidas orzamentadas recollen no eido Cultural á: Asociación de Amigos da Música 22.000€, Centro Cultural da Feira, Castro Barreiro, San Xurxo, O Rubal- A Picoña, Soutelo, Coto-Budiño, Asociación Cultural Xunco-Parderrubias, A Turonia recibirán unha contía total de 7200€. O Coro de Entenza recibiu 700.€, Asociación da Entroido da Feira e Nós somos Nós do Barreiro recibiron unha subvención total de 3200€, as Asociacións de Veciños Carballeira, San Xurxo, Caselas, San Tomé suman un total de 1600€ . Polo que os fondos de Cultura recibidos polas asociacións e centros culturais ascenden a 34.700€
En Promoción educativa as partidas van destinadas a: CEP Altamira 1.200 € e IES Pedras Rubias: 2.400€
En Benestar Social dirixida cara a Asociación de Xubilados de Salceda 3.000€.
En canto a área deportiva as entidades beneficiadas polas axudas concedidas polo Concello 22.551,40 € son para as Escolas Deportivas, e os restantes 27500 € son os destinados para os Clubes Deportivos, entre os que figuran o Caselas Fútbol Clube, Clube Balonmán Caselas, Clube Baloncesto Caselas e Clube Ciclista Aragonta.
O Goberno de Salceda de Caselas, felicita a toda a laboura que está a desenvolver estos colectivos, que están a realizar un papel fundamental no desenvolvendo dos nosos veciños e veciñas, permitindo satisfacer unha ampla gama de alternativas no eido cultural, educativo e deportivo para todas as idades. A súa labor é clave para o desenvolvemento das persoas sobre todo nun momento complicado para parte das familias que non poden afrontar uns custes elevados para a educación cultural e deportiva dos seus fillos.