III San Silvestre Concello de Salceda de Caselas

Salceda unha vez máis co deporte

O Concello de Salceda organiza para rematar este ano 2013, a súa terceira edicción da San Silvestre.

Esta marcha popular terá lugar o venres 27 de decembro, con saída ás 21:00 horas da praza do Concello, precorrendo todo o centro urbán. Todos os asistentes poderán realizar a inscrición gratuita na Concellería de Deportes ou na páxina web do Concello. Ademáis toda a información e percorrido estará colgada na páxina web do Concello dende hoxe mesmo.

Haberá agasallo para o primeiro masculino e feminino. Tamén unha mención especial o masculino e feminino de máis idade. E como non podía ser doutra maneira, tamén o neno e nena de menor idade.

Ao remate os participantes poderán degustar un chocolate “Do Noso”.

Esta carreira, ao igual que a pasada edicción é solidaria, os participantes entregarán 1 litro de leite para o Programa de Alimentos do Concello.

Unha vez máis o Concello aposta polo deporte e por crear un ambiente festivo para tódolos públicos no Nadal.

Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde e responsable desta área quere animar a participación de maiores e cativos nesta carreira sin afán competitivo: “é unha maneira de convivir nestas datas de nadal, nunha actividade que pode participar toda a familia”. Marina Cabaleiro tamén quere recordar que “dada a afluencia dos últimos anos, e por motivos de organización pecharanse as inscricións na web ata o venres 27 ás 14:00 horas