O Concello de Salceda de Caselas ven de apostar por dar un paso máis na separación dos resíduos sólidos urbáns, cunha nova introdución de áreas de composteiros que serán situados en puntos estratéxicos da vila. O departamento de Medio Ambiente, que xestiona Carla Pérez, acolleuse ao Plan provincial da Deputación de Pontevedra de Compostaxe.
Segundo Carla Pérez, a intención é ser un dos Concellos “que integren este sistema de separación da fracción orgánica no centro da vila, onde maioritariamente se enfocará ás persoas que habitan en edificios, froiterías, supermercados e restaurantes, para que teñan uns puntos nos que depositar o lixo orgánico”.
Para acadar este obxectivo, o Concello está a manter reunións con diferentes sectores sociais para informarlles sobre a posta en marcha deste proxecto e poder conseguir o maior número de persoas comprometidas coa compostaxe.
Dentro das reunións informativas, o xoves 10 de decembro ás 20 h, haberá unha reunión aberta a todos os veciños e veciñas que desexen asistir para explicar a importancia da separación da fracción orgánica nas casas, e ao mesmo tempo, iniciarase unha forte campaña de sensibilización nos colexios, que xa se está a traballar. Será no Auditorio Municipal.
A responsable de medioambiente sinalou a intención de que Salceda estea “na vangarda dos concellos comprometidos co medioambiente e coa xestión dos resíduos” e engadiu que nesta materia “os comportamentos individuais son claves para que este proxecto teña futuro e acade os resultados agardados”.
Carla Pérez asegurou que “o compromiso co medio e non seguir xerando tanto lixo, ten que estar moi presente no noso día a día, sobre todo tendo en conta que estes resíduos poden ser utilizados como abono para parques e xardíns”.
A edil de Medio Ambiente quere resaltar que “temos que dar un paso máis para mellorar a separación dos nosos resíduos” e explicou que con este programa “evitaremos crear máis resíduos para obter produtos que teñen un novo uso” polo que a clave, segundo Pérez, “é que a maior parte da poboación esté integrada neste proxecto”.
Sensibilización nos coles
En colaboración coa Concellaría de Ensino e coa ANPA estase a desenvolver unha actividade de sensibilización escolar moi importante incluída no plan de Separación “Un paso máis. Salceda Recicla”. Neste programa, que se está a poñer en práctica no CRA Raíña Aragonta, os máis cativos van a aprender a separar perfectamente os seus resíduos e a saber onde deben depositar cada resíduo xerado no seu fogar.
O CRA está principalmente interesado en levar a cabo un importante papel no eido da reciclaxe involucrándose no proceso de separación dos resíduos, facilitanto a sensibilización e implementando un sistema de boas prácticas a idades máis tremperás.
Tere Pérez e Carla Pérez, concelleiras de ensino e medioambiente, agradecen esta gran laboura que se está levando dende o colectivo do profesorado, “sen o que este proxecto non podería ser viable” aseguraron e quixeron agradecer “o apoio e interese amosado polas ANPAS neste proxecto que é unha boa mostra do compromiso deste Goberno local co medioambiente”. “Traballando xuntos conseguiremos o obxetivo que perseguimos, mellorar a separación nos fogares do municipio”, concluíron as concelleiras de Salceda.