A área deportiva de altamira conta xa con dúas novas pistas deportivas situadas detrás do Pavillón Municipal de Deportes.
Cúmplese así unha débeda pendente dende o ano 96 cos veciños e veciñas de Salceda. Nese intre a carretera PO-510 ocupou as pista existentes nas proximidades do parque da Gándara e dende o Governo de aquel momento non utilizou a indemnización na construcción dunhas novas.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde, suliña que dende a concellería de deportes apostamos por facer posible o deporte para todos e todas, poñendo a disposición dos veciños e veciñas instalacións axeitadas a diversidade de modalidades que practican os salcedenses. Cubrimos as demandas dos clubes de baloncesto, balonmán, tenis, bádminton ou fútbol sala. Sen esquecernos do CEP Altamira no horario de recreo escolar, que poderán utilizalas os pequenos para fomentar o deporte dende os primeiros anos.
Marcos Besada, Alcalde de Salceda “cúmprese así un dos obxectivos do governo actual traballando para mellorar e recuperar o entorno”
Dende a concellería aprobarase un regulamento para que estas instalación poidan ser utilizadas nun amplo horario a través dunha reserva previa.
Con esta obra non se tratou só da creación das novas pistas, tamén se está acondicionando o entorno, no cal está previsto a instalación dunhas pistas de padel e unha zona de lecer e recreo.
Seguiremos a traballar na mellora e creación de instalacións deportivas facéndolle un guiño sempre os deportes minoritarios.