O Concello de Salceda colabora coa iniciativa de Fundación Seur

TAPÓNS POR UNHA NOVA VIDA

A concellería de Benestar Social, a petición de veciños e veciñas, leva preto dun ano colaborando ca iniciativa da Fundación Seur “Tapóns por unha nova vida”.

Esta iniciativa pretende axudar a nenas e nenos sen recursos para poder acceder a algún tratamento médico non regulado no sistema sanitario, co fin de mellorar a súa calidade de vida, mediante a reciclaxe de tapóns de plástico.

Outro dos obxectivos é facilitar a nenos e nenas sen recursos aparatos ortopédicos que non están incluidos no sistema de saúde.

Tamén é importante, concienciar a toda a sociedade, que a través desta iniciativa, estase a realizar unha acción social e humanitaria; ademáis do que conleva o reciclaxe deste material en lugar de ir indiscriminadamente ó lixo.

Esta é unha das moitas iniciativas solidarias que se están a realizar dende a Concellería de Benestar Social, dende a cal se quere recordar que existen neste intre moitas iniciativas deste tipo que surxen non só de fundacións, concellos ou outros organismos, se non tamén dende as propias familias e que o importante é colaborar, por calquera vía das existentes, para que os recursos cheguen a quen os necesite.

Salceda é solidario, non cabe dúbida, e grazas os veciños e veciñas, nesta primeira entrega xa foron 10 sacas e tres caixas de tapóns.