Esta outra iniciativa promovida dende a Concellería de Deportes, responsabilidade da Tenente Alcalde, Marina Cabaleiro, mantivo en suspense a tódolos veciños e veciñas do centro da vila o mirar correr os grupos participantes polo centro da vila durante toda a tarde.
A idea xurdiu o querer engadir á tradicional Festa dos Callos que se celebra cada ano, unha actividade na que participasen grupos de amigos ou familias e ademáis se apoiase o comercio local.
Os 76 participantes repartidos nos 16 grupos, precorreron todo o casco urbán en busca dun tesouro que finalmente se escondía no Pavillón de Deportes, onde os comerciantes estaban a celebrar a súa xa popular feira “Exposalceda”. Outra visita obrigada que tiveron que facer os participantes foi o Centro Social de A Devesa, onde se estaba a celebrar a I Feira de Artesanía organizada pola Asociación de Xubilados e a Asociación de Mulleres Rurais.
Despois da intensa tarde, tódolos grupos poideron degustar este potaxe obxecto da búsqueda. Os gañadores poideron disfrutar das invitación e os agasallos ofrecidos gratuitamente por comerciantes do casco urbán.
Marina Cabaleiro, quere agradecer os comerciantes que mostraron o seu apoio a esta Edición e esperamos para vindeiras ocasións convidar a novos colaboradores para que o esforzo económico que supón a aportación sexa asumible e participativo.