A Concellería de Deportes, xunto cas Escolas Deportivas Municipais ven de celebrar o Peche do Verán Deportivo 2012.
Nel participaron os nenos e nenas que acudiron o Campamento de verán e os cursiños de natación, xunto coas súas familias.
Neste campamento de verán participaron 109 rapaces e rapazas, de entre 3 e 12 anos; durante os meses de xuño e agosto. Os nenos e nenas puideron facer deportes como piragüismo, rugbi, badminton, loita olímpica, sendeirismo e actividades como obradoiros de velas, carteiras, festa de entroido, etc.
124 rapaces e rapazas de tódalas idades foron os que tiveron ocasión de participar nos cursiños de natación levados a cabo na Piscina Municipal..
Unha das cousas máis valoradas entre as familias foi a posibilidade de ter o servizo de Aulta Matinal e Comedor no campamento de verán.
Tras esta boa acollida, dende a Concellería temos moi claro que repetiremos o próximo ano, e tentaremos seguir podendo conciliar a vida familiar e laboral ofrecéndolle ademáis de actividades aos nenos, os servizos necesario para facilitarlle o día a día ás familias.
Neste peche de verán deportivo, os monitores, familias e voluntrarios poideron disfrutar do seu xantar na Praza do Concello, despois de que entre outras cousas os rapaces participaran en actividades de auga na Piscina e o grafiteiro local “Salvi” fisexe unha exhibición deste arte.
Marina Cabaleiro, Tenente Alcalde, recoñece unha vez máis o traballo que de forma altruista realizan os voluntarios, e sen a cal, non se poderían facer moitas das actividades que se levan acabo. E por suposto, agradecer as familias a confianza depositada e a asistencia a esta festa-peche do Verán Deportivo.