A Concellería de Emprego e Formación informa que se abre un prazo de 1 mes para presentar os proxectos emprendedores para o Viveiro Municipal de Empresas do CDL O Torrón.
Para a selección dos proxectos crearase unha comisión de selección, na que tamén participará o Presidente da Asociación de comerciantes e industriais de Salceda (ACISA). Teranse en conta na baremación, ademáis da situación persoal do emprendedor, a viabilidade do proxecto e as características do mesmo (innovación, capacidade de creación de emprego, etc).
As bases, publicadas no BOP este martes, están tamén expostas no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello.
Marina Cabaleiro, tenente alcalde e responsable do proxecto, “convértese no último paso para completar o proceso de dinamización e posta en valor deste centro, que ademáis de acoller o viveiro, estase a converter nun centro de emprego e formación de referencia comarcal”.
50 desempregados de Salceda participarán no Plan de Emprego
Este Plan Integral de Emprego presentouse de forma conxunta co Concello de Ponteareas, e diporán ambos concellos do prazo de un ano para levar a cabo todas as fases: selección, accións, prospección e obxectivos.
A Xunta subvenciona un total de 105.000 euros para este proxecto “Xuntos polo emprego”, a cofinanciación dos concellos ascende a 15.000 euros.
En total serán 100 desempregados (50 persoas de cada concello), previa selección polo Servizo Público de Emprego os que participarán neste proceso de formación e asesoramento para acadar o obxectivo de empregar ó 50% dos participantes.
“Por fin a Xunta conta co noso Concello para realizar accións a favor dos desempregados/as de Salceda, xa que ata o de agora todos os medios utilizados no eido do emprego e da formación foron municipais”.