Salceda estrea Marca Comercial

O Concello de Salceda de Caselas pon en marcha a súa propia Marca Comercial #ConSalceda a través dunha subvención da liña 2 do Plan concellos da Deputación de Pontevedra de 11.744,49 euros.

A concellería de comercio dirixida pola alcaldesa, Verónica Tourón, ven de presentar hoxe a Marca Comercial que aglutinará o tecido económico da vila, e que forma parte do proxecto de dinamización da actividade local no que traballa o concello. Na presentación estivo acompañada da tenente de alcaldesa Loli Castiñeira,  representantes de ACISA e da Praza de Abastos.

 

Trátase dunha iniciativa que impulsa o concello e que conta coa colaboración das Asociacións de Comerciantes da vila e das praceiras/os. Buscan fomentar o consumo local, para reiniciar a vida social e económica de Salceda, despois das consecuencias da pandemia.

 

“ConSalceda” ten como finalidade converterse nunha marca de referencia para dar visibilidade a todo o comercio local, a hostalería, o mercado municipal e a Praza de Abastos. Unha marca comercial que identifica Salceda a través de valores implícitos valores como o de traballar conxuntamente para por en valor “o noso”.

 

Tendo en conta que o comercio e a hostalaría  son a principal fonte dinamizadora e económica dun pobo, dende o concello creen que a  administración debe apostar por proxectos de apoio a estes sectores, como medida de reactivación económica. A iniciativa terá visibilidade a través de redes sociais, publicidade en medios, organización de actividades de dinamización e outras accións que se irán poñendo en marcha ao longo dos próximos meses.

 

Verónica Tourón, explica que “o proxecto #ConSalceda busca que unamos as forzas para reactivar o comercio de proximidade, pequenos negocios, tendas e hostalería e forma parte dun obxectivo máis amplo que é facer de Salceda un pobo cun atractivo comercial importante. Axudar ao comercio é axudarnos a nós, a toda a veciñanza”

 

Gabinete de prensa, 28 de setembro de 2021