Novas

O Concello de Salceda en contra de Altri

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas aprobou unha declaración institucional en contra do proxecto de Altri. O acordo aprobouse co voto a favor de MS, PSOE e BNG, e coa abstención do Partido popular, que definiu o proxecto como “unha oportunidade única para Galicia”.

Salceda recibe tres estudiantes francesas en intercambio

O Concello de Salceda recibe nestes días a tres visitantes moi especiais chegadas dende Francia. Trátase de tres alumnas da rexión Grand Est, das cidades de Metz e Nancy, que participan no intercambio educativo EDUMOB da Xunta de Galicia.

Máis de 500 variedades de camelia esta fin de semana en Salceda

O Concello de Salceda, a través da Concellaría de Turismo que dirixe Marcos Troncoso, presentou esta mañá as XV Xornadas da Camelia, que se celebrarán os vindeiros 16 e 17 de marzo. Calcúlase que na mostra participarán uns 60 expositores/as chegadas de toda a xeografía galega e de Portugal.