Novas

A Praza do Concello de Salceda ampliarase cunha nova rúa peonil

O proxecto suporá a creación dun novo espazo público seguro, amable e de calidade pensado para as persoas, cunha superficie de 956 metros cadrados, que contará cunha ampla zona verde de esparcemento e percorridos que permitan a mobilidade inclusiva e a autonomía infantil e que na práctica suporá unha ampliación da propia Praza do Concello nunha zona ata o de agora sen desenvolver.

Salceda aprobará o I protocolo contra o acoso sexual e acoso por razón de sexo

Nesta semana vén de celebrarse a Mesa Xeral de Negociación do Concello de Salceda de Caselas para a posta en marcha do protocolo contra o acoso sexual e acoso por razón de sexo. Na proposta de protocolo, Concello e sindicatos asumen un compromiso conxunto coa concienciación, información e prevención do acoso así como coa posta en marcha de medidas de protección que garantan un entorno laboral libre de violencia e acoso.

Unanimidade ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo Goberno Municipal

O Pleno do Concello de Salceda de Caselas vén de aprobar a proposta do equipo de goberno local para o saneamento da parroquia de Entenza, con un proxecto valorado en 856.850,01€. O proxecto presentouse no Plan Provincia Extraordinaria Plan Extra da Deputación de Pontevedra, para o cal se agarda recibir unha subvención de 700.000€ que o Concello debe completar con fondos propios.

Pleno extraordinario

Neste enlace podes seguir o Pleno Extraordinario que se celebra hoxe xoves ás 9:30 para a aprobación do proxecto de saneamento da parroquia de Entenza