Únete A Volta. Máis de 500 participantes na marcha ciclista en Salceda.

unete_volta_2

 

O sorteo de agasallos tivo lugar na liña de meta, situada no CEP Altamira. O agasallo estrela era unha bici eléctrica, que foi a parar as mans de Iago Ferreira Campos, un rapaz veciño da parroquia de Entenza, que participa noutras actividades deportivas das Escolas Deportivas Municipais de Salceda, xogando de porteiro no equipo dos alevins.

Na organización contouse ca colaboración dos voluntarios de Protección Civil de Salceda, Policía Local, Guardia Civil e Clube Ciclista Aragonta, encargado este último de controlar o ritmo da marcha.

Marina Cabaleiro, “este ano queremos agradecer expresamente a colaboración de todas as Panaderías de Salceda, da empresa Frigolouro, Comunidades de Montes, Deputación e por suposto, da ANPA do CEP Altamira que se encargou do avituallamento”.

Despois deste éxito, a Concelleira de Deportes quere seguir convidando a todos os veciños e veciñas a participar nestas actividades deportivas en familia, das que se están preparando xa novas propostas, que se inician para que teñan continuidade como a I San Silvestre do Concello de Salceda da que xa estamos camiño da II Edición.

Para manterse informado destas iniciativas visita a páxina web www.salcedadecaselas.es (Tenencia de Alcaldía/Deportes) ou nos taboleiros de anuncios.